congreso de lenguas minorizadas
V CLM congreso de lenguas minorizadas.
Quén somos
Departamento de Lengua e Investigación de la Fundación Xeito Novo de Cultura Gallega.
Desde o ano 2005 conformouse un gabineteinterdisciplinario que agrupou mozos que participaban nos diversos proxectos de investigaciónda fundación nun único departamento. E entreos ámbitos de traballo do mesmo contemplousecomo principal a lingua. Na liña seguida polafundación, o Departamento de lingua e investigación buscou posicionar o galego como referente cultural. Xeito Novo non só xurdiu como unfoco de difusión cultural, senón como unha entidade que procuraba o posicionamento e prestixio da cultura de Galicia facéndoa atractiva para asnovas xeracións do colectivo galego no exterior epara a mocidade arxentina, calquera que fose asúa orixe. Cómpre considerar que a cultura arxentina é unha construción multicultural ondeo elemento galego ten unha importancia capital. A fundación utilizou os diversos espazos cos quecontaba para a difusión da lingua, como a publicación de pasaxes de literatura galega nos programas das presentacións artísticas, a reproduciónde textos en galego na mostra sobre Castelao no Centro Cultural General San Martín da cidadede Buenos Aires ou o emprego de letras e títulosgalegos nas cancións dos grupos musicais da fundación. E o mesmo que outros centros vincula-dos ao colectivo galego, tamén organizou cursosde galego.
Coa creación deste departamento emprendé-ronse dúas liñas de actuación vinculadas á lingua.Unha foi o fomento de certames de poesía e literatura, que contaron con escritores e investigadores de Arxentina e Galicia, entre os que podemoscitar a Xesús Alonso Montero, Carlos Penelas eGermán Cáceres. A segunda foi a relacionada co Congreso de Linguas Minorizadas (de agora endiante CLM), actividade que, seguindo a orien-tación da Fundación, buscou tanto o posicionamento da lingua galega como das linguas naturais de Arxentina, é dicir as linguas dos pobos orixinarios. Tomaremos esta actividade para analizar os seus obxectivos, o desenvolvemento eos resultados obtidos. °
Equipo de Traballo
Directora María Luz Marchio
Facundo Reyna Muniain
Agostina Weler
Colaboradores
Gustavo Fernandez
Anik Nandi
Ruy Farias
Quim Obrador